11. Novo Modelo 379
A Orde HFP/1415/2023, do 28 de decembro, aproba o modelo 379 para facer posible a presentación da nova declaración informativa sobre pagamentos transfronteirizos aos provedores de servizos de pagamentos cuxo Estado membro de orixe ou acollida sexa o Reino de España.
O contido desta declaración recóllese no artigo 62 ter do Regulamento de IVE e detállase no anexo da orde aprobada. Con carácter xeral, incluirá: a identificación do provedor de servizos de pagamento, identificación e situación do beneficiario do pagamento, detalles do pagamento e, se é o caso, da devolución do pagamento, así como do Estado membro de orixe do pagamento ou devolución.
Esta declaración informativa ten formato XML e a súa periodicidade é trimestral.
O prazo de presentación, respecto dos pagamentos transfronteirizos realizados en cada trimestre natural, é o mes seguinte ao devandito trimestre.
A primeira declaración presentarase en abril de 2024.
Pode consultar as particularidades deste novo modelo no Capítulo 9 deste Manual.