D) Operacións realizadas no territorio
Regra xeral
As adquisicións intracomunitarias de bens considéranse realizadas na Península ou Illas Baleares, cando se encontre neste territorio o lugar de chegada da expedición ou transporte con destino ao adquirente.
Regra especial
Tamén estarán suxeitas en España, se non foron gravadas no Estado membro de chegada da expedición ou do transporte, cando o adquirente sexa empresario ou profesional ou persoa xurídica e comunicase ao vendedor o NIF-IVE atribuído pola Administración española.