Prazos de presentación
1. Autoliquidacións trimestrais. (Modelo 303)
-
Do 1 ao 20 do mes seguinte ao período de liquidación (abril, xullo, outubro).
-
A autoliquidación do cuarto trimestre do ano, presentarase do 1 ao 30 de xaneiro.
Neste prazo tamén deberá presentarse, se é o caso, a declaración resumo anual, modelo 390.
2. Autoliquidacións mensuais. (Modelos 303,322 e 353)
Do 1 ao 30 do mes seguinte ao período de liquidación, ou ata o último día do mes de febreiro no caso da autoliquidación correspondente ao mes de xaneiro.
3. Autoliquidacións non periódicas. (Modelos 308 e 309)
As autoliquidacións non periódicas soamente presentaranse naqueles períodos en que se realizasen as operacións polas que o suxeito pasivo está obrigado a liquidar o imposto.
Con carácter xeral, os prazos son os mesmos que os establecidos para as autoliquidacións trimestrais: do 1 ao 20 de abril, xullo e outubro, e do 1 ao 30 de xaneiro.
Excepcións:
Cando se trate de adquisición intracomunitaria de medios de transporte novo: trinta días naturais desde a operación e, en calquera caso, antes da súa matriculación definitiva (modelo 309).
Suxeitos pasivos ocasionais polas entregas de medios de transporte novo: trinta días naturais desde a entrega (modelo 308).
Suxeitos pasivos transportistas en réxime simplificado pola adquisición de medios de transporte de categoría N1, N2 e N3 afectos á actividade: 20 días naturais do mes seguinte a aquel no que se realizou a adquisición (modelo 308).
Procedementos xudiciais ou administrativos de execución forzosa: un mes contado desde o pagamento do importe da adxudicación, non podendo procederse á devandita presentación con anterioridade á expedición da factura que documenta a operación (modelo 309).
Os suxeitos pasivos que teñan a consideración de Ente Público ou de establecemento privado de carácter social polas operacións realizadas no marco de actividades humanitarias: tres meses desde que se realizase a entrega de bens que orixina o dereito á devolución (modelo 308).
Nota común aos prazos de presentación das autoliquidacións:
No caso de que o último día de presentación da autoliquidación de IVE sexa inhábil (o sábado é día inhábil), a data límite de presentación trasládase ao día hábil inmediato posterior.