4. Sistemas informáticos de facturación
O Real decreto 254/2025, do 1 de abril, introduce as seguintes modificacións no Regulamento que establece os requisitos que deben adoptar os sistemas e programas informáticos ou electrónicos que soporten os procesos de facturación:
-
Para clarificar a exclusión do RRSIF daquelas transaccións que, con base no Regulamento polo que se regulan as obrigas de facturación, non deban documentarse en factura, elimínase a mención ao caso particular das operacións acollidas ao réxime especial da agricultura, gandaría e pesca, réxime simplificado e recarga de equivalencia.
-
Exclúense as operacións documentadas mediante facturas expedidas materialmente polo destinatario da operación, ou por terceiro como consecuencia da aplicación de disposicións normativas de obrigado cumprimento, cando estean incluídos na Subministración Inmediata de Información.
-
Regúlase unha nova entrada en vigor do Regulamento:
-
Os contribuíntes suxeitos ao Imposto sobre Sociedades terán adaptados os sistemas informáticos ás características e requisitos que se establecen no citado Regulamento e na súa normativa de desenvolvemento antes do 1 de xaneiro de 2026.
-
O resto de obrigados tributarios aos que se refire o artigo 3.1 deberán ter operativos os sistemas informáticos adaptados ás características e requisitos que se establecen no citado Regulamento e na súa normativa de desenvolvemento antes do 1 de xullo de 2026.
-
Os produtores e comercializadores de sistemas, deberán ofrecer os seus produtos adaptados ao mesmo no prazo máximo de 9 meses desde a entrada en vigor da Orde HAC/1177/2024, do 17 de outubro (29 de xullo de 2025). Non obstante, en relación cos sistemas informáticos incluídos nos contratos de mantemento de carácter plurianual contratados antes deste último prazo, deberán estar adaptados ao contido do Regulamento con anterioridade ás datas indicadas nos puntos anteriores.
-