Documentación que debe presentarse canda a declaración
Canda a declaración do Imposto, os contribuíntes deberán presentar por vía electrónica a través da Sede electrónica da Axencia Estatal de Administración Tributaria (enderezo electrónico: https://sede.agenciatributaria.gob.es ), os seguintes documentos debidamente cubertos:
-
Os contribuíntes do Imposto sobre Sociedades que imputen na súa base impoñible determinada rendas positivas obtidas por entidades non residentes, nos termos establecidos no artigo 100 da LIS (estes contribuíntes deberán marcar o recadro [00007] «Imputación en base imp. rendas positivas art. 100 LIS» da páxina 1 do modelo 200), presentarán, os seguintes datos relativos a cada unha das entidades non residentes en territorio español:
-
Nome ou razón social e lugar do domicilio social.
-
Relación de administradores e lugar do seu domicilio fiscal.
-
Balance, conta de perdas e ganancias e memoria.
-
Importe da renda positiva que deba ser obxecto de imputación na base impoñible.
-
Xustificación dos impostos satisfeitos respecto da renda positiva que deba ser obxecto de imputación na base impoñible.
No caso de establecementos permanentes, o contribuínte deberá achegar conxuntamente coa declaración do Imposto os datos aos que se refiren as letras d) e e) anteriores, así como os rexistros contables das operacións que realicen e dos activos e pasivos afectos aos mesmos.
-
-
Os contribuíntes polo Imposto sobre a Renda de non Residentes (establecementos permanentes e entidades en réxime de atribución de rendas constituídas no estranxeiro con presenza en territorio español) deberán incluír, se é o caso, a memoria informativa a que se refire o ordinal 2º do artigo 18.1.b) do TRLIRN.
-
Os contribuíntes a quen lles fose aprobada unha proposta para a valoración previa de operacións efectuadas entre persoas ou entidades vinculadas, presentarán o informe ao que fai referencia o artigo 28 do RIS.
-
Os contribuíntes que realicen operacións de fusión, escisión, achega de activos, troco de valores e cambio de domicilio social dunha Sociedade Europea ou unha Sociedade Cooperativa Europea dun Estado membro a outro da Unión Europea ás que se lle aplica o réxime tributario especial previsto no Capítulo VII do Título VII da LIS , e, que de acordo co artigo 48 do RIS , deben presentar unha comunicación co contido ao que se refire o artigo 49 do devandito Regulamento.
-
Os contribuíntes nos exercicios en que practiquen a dedución contemplada na disposición transitoria décimo cuarta da LIS , deberán presentar a información á que fai referencia a disposición transitoria quinta do RIS.
Esta documentación presentarase a través de Internet, para o cal o declarante ou presentador deberá conectarse á Sede Electrónica da Axencia Estatal de Administración Tributaria (enderezo electrónico: https://sede.agenciatributaria.gob.es) e, dentro da páxina «Todas as xestións» do modelo 200, no apartado «Presentar documentación», pulsará «Achegar documentación complementaria».