Saltar ao contido principal
Manual práctico de Sociedades 2021

Presentación electrónica da declaración a través de Internet

A presentación das declaracións do Imposto sobre Sociedades e do Imposto sobre a Renda de non Residentes correspondente a establecementos permanentes e entidades en réxime de atribución de rendas constituídas no estranxeiro con presenza en territorio español (modelo 200), debe realizarse obrigatoriamente por vía electrónica, nos termos establecidos na Orde HAP/2194/2013, do 22 de novembro, pola que se regulan os procedementos e as condicións xerais para a presentación de determinadas autoliquidacións, declaracións informativas, declaracións censais, comunicacións e solicitudes de devolución, de natureza tributaria.

A presentación electrónica das declaracións por Internet pode realizarse a través da Sede electrónica da Axencia Estatal de Administración Tributaria á que se pode acceder directamente a través do seguinte enderezo electrónico: https://sede.agenciatributaria.gob.es.

Os contribuíntes ou as sociedades representantes do grupo fiscal que se encontren acollidos ao sistema de conta corrente en materia tributaria deberán ter en conta o procedemento establecido na Orde de 22 de decembro de 1999, pola que se establece o procedemento para a presentación telemática das declaracións-liquidacións que xeren débedas ou créditos que deban anotarse na conta corrente en materia tributaria.

Para coñecer as particularidades da presentación electrónica das declaracións nos casos de tributación conxunta a Administración do Estado e as Deputacións Forais da Comunidade Autónoma do País Vasco e/ou á Comunidade Foral de Navarra, consulte o Capítulo 13 deste Manual.