Delimitación obxectiva
Regulación: Artigo 113.2 LIS
Os buques cuxa explotación posibilita a aplicación deste réxime especial deben reunir os seguintes requisitos:
-
Estar xestionados estratéxicos e comercialmente desde España ou desde o resto da Unión Europea ou do Espazo Económico Europeo.
Enténdese por xestión estratéxica e comercial, a asunción polo propietario do buque ou polo arrendatario, do control e risco da actividade de navegación marítima ou de traballos no mar.
-
Ser aptos para a navegación marítima e estar destinados exclusivamente a actividades de transporte de mercadorías, pasaxeiros, salvamento e outros servizos prestados necesariamente no mar, sen prexuízo do que se indica na letra c) seguinte.
-
Tratandose de buques destinados á actividade de remolque cumprirá que menos do 50 por cento dos ingresos do período impositivo procedan de actividades que se realicen nos portos e na prestación de axuda a un buque autopropulsado para chegar a porto. No caso de buques con actividade de dragado cumprirá que máis do 50 por cento dos ingresos do período impositivo procedan da actividade de transporte e depósito no fondo do mar de materiais extraídos, acadando este réxime exclusivamente a esta parte da súa actividade.
Nos dous casos, para as entidades que cedan o uso destes buques , este requisito entenderase cumprido cando xustifiquen que os ingresos da entidade que desenvolve a actividade de remolque ou dragado cumpre aquelas porcentaxes en cada un dos períodos impositivos en que for aplicable este réxime a aquelas entidades.
Os buques destinados á actividade de remolque e de dragado, deberán estar rexistrados en España ou noutro estado membro da Unión Europea ou do Espazo Económico Europeo.