Cálculo das proporcións de tributación a cada unha das Administracións
Para determinar as cotas tributarias que corresponden a cada unha das Administracións, o réxime de tributación conxunta do Imposto sobre Sociedades atende á proporción entre si do volume de operacións realizadas en cada territorio común e foral durante o exercicio.
Sen prexuízo das dificultades a que poida dar lugar a interpretación do lugar de realización de determinadas operacións, este mecanismo simplifica notablemente os cálculos necesarios para a desagregación da porción de débeda tributaria a ingresar a cada unha das Administracións.
Os elementos que hai que ter en conta para a formalización por parte dos contribuíntes, así como para a súa posterior comprobación por parte da Administración Tributaria, da porción de débeda tributaria imputable ao Estado determinado nas declaracións do Imposto sobre Sociedades, e que teñen que ser considerados de forma separada para cada un dos réximes de tributación conxunta co País Vasco e con Navarra, son os que se detallan ao longo deste Capítulo 13.