Saltar ao contido principal
Manual práctico de Sociedades 2021.

Recadro 00035 Aplicación réxime especial das fusións, escisións, achegas de activos e troco de valores (Capítulo VII, Título VII LIS)

Marcarán este recadro as entidades que realicen as operacións ás que lles resulte aplicable o réxime tributario especial das fusións, escisións, achegas de activos e troco de valores segundo o previsto no Capítulo VII do Título VII da LIS.

Tamén deberán marcar este recadro as entidades que, ao abeiro deste réxime tributario especial, realicen operacións de cambio de domicilio social  dunha Sociedade Europea ou unha Sociedade Cooperativa Europea dun Estado membro a outro da Unión Europea.

Este recadro só deberá marcarse se no período impositivo obxecto de declaración, a entidade realizou algunha das operacións ás que resulta aplicable o devandito réxime tributario especial.