Saltar ao contido principal
Manual práctico de Sociedades 2021

Casa 00049 Réximes especiais de normativa foral

Marcarán esta casa as entidades que marcasen a casa [00028] «Tribut.conxunta Estado/Diput.Cdad.Forais», ás que lles sexa aplicable a correspondente normativa foral do Imposto sobre Sociedades segundo o disposto no Concerto Económico coa Comunidade Autónoma do País Vasco, aprobado pola Lei 12/2002, do 23 de maio, ou no Convenio Económico entre o Estado e a Comunidade Foral de Navarra, aprobado pola Lei 28/1990, do 26 de decembro, e que, estando acollidas a algún réxime especial de normativa foral, o devandito réxime especial non teña o seu equivalente (con independencia da súa denominación) na normativa do Estado.

Pode consultar as especialidades do réxime de tributación conxunta á Administración do Estado e ás Deputacións Forais do País Vasco e/ou Comunidade Foral de Navarra no Capítulo 13 deste Manual práctico.