Regularización de conversión de activos por imposto diferido mediante autoliquidación rectificativa
Dentro do cadro «Conversión de activos por imposto diferido en crédito esixible fronte á Administración tributaria (art. 130 LIS)» da páxina 15 do modelo 200, o apartado «Rectificativa» cubrirase exclusivamente cando a entidade presente unha autoliquidación rectificativa dunha autoliquidación presentada anteriormente co obxectivo de regularizar o resultado da autoliquidación pola conversión de activos por imposto diferido en credito esixible fronte á Administarción tributaria.
Lembre:
Para poder cubrir este apartado, as entidades deberán marcar previamente o recadro autoliquidación rectificativa da páxina 1 do modelo 200, facendo constar o número de xustificante da autoliquidación anterior.
Este apartado cubrirase da seguinte forma:
-
No recadro [03243] «Rectificativa: Devolución acordada/compensada» deberase consignar o importe total do crédito esixible fronte á Administración tributaria respecto do que se solicitase o aboamento ou compensación na autoliquidación orixinaria e cuxa devolución se acordase ou efectuado pola devandita Administración. No caso de que a devolución non fose acordada ou efectuada pola Administración tributaria, deberase consignar cero no recadro correspondente:
-
No caso de que a entidade tribute exclusivamente na Administración de Estado, no recadro [03244] «Rectificativa: Devolución acordada/compensada (Estado)» deberase consignar o importe que cumprimentase nos recadros [01020] «Aboamento por conversión de activos por imposto diferido en crédito esixible fronte á Administración tributaria (art. 130 LIS) (Estado)» ou [01021] «Compensación por conversión de activos por imposto diferido en crédito esixible fronte á Administración tributaria (art. 130 LIS) (Estado)» da páxina 15 da autoliquidación orixinaria.
-
No caso de que a entidade tribute ante unha ou varias Deputacións Forais da Comunidade Autónoma do País Vasco e / ou Comunidade Foral Navarra, no recadro [03245] «Rectificativa: Devolución acordada/compensada (D.Forais/Navarra)», deberá consignar o importe que cumprimentase nos recadros [01043] «Aboamento por conversión de activos por imposto diferido en crédito esixible fronte á Administración tributaria (art. 130 LIS) (D. Forais/Navarra)» ou [01044] «Compensación por conversión de activos por imposto diferido en crédito esixible fronte á Administración tributaria (art. 130 LIS) D. Forais/Navarra)» da páxina 15 da autoliquidación orixinaria. A formalización deste recadro realizarase na páxina 26 do modelo 200.
-
-
No recadro [03317] «Resultado de conversión de AID tras regularización: Aboamento» consignarase o importe total que resulte a devolver se a entidade opta por solicitar o aboamento do crédito esixible fronte á Administración tributaria, cando o resultado do activo por imposto diferido convertido en crédito esixible fronte á Administración tributaria sexa menor que o resultante da autoliquidación orixinaria e a súa devolución aínda non fose acordada ou compensada pola Administración tributaria:
-
No caso de que a entidade tribute exclusivamente na Administración de Estado, no recadro [03318] «Resultado de conversión de AID tras regularización: Aboamento (Estado)» deberase consignar o importe que resulte de restar aos recadros [01020] «Aboamento por conversión de activos por imposto diferido en crédito esixible fronte á Administración tributaria (art. 130 LIS) (Estado)» ou [01021] «Compensación por conversión de activos por imposto diferido en crédito esixible fronte á Administración tributaria (art. 130 LIS) (Estado)», o importe do recadro [03244] «Rectificativa: Devolución acordada/compensada (Estado)» para o caso de que esta operación resulte a devolver.
-
No caso de que a entidade tribute ante unha ou varias Deputacións Forais da Comunidade Autónoma do País Vasco e / ou Comunidade Foral navarra, no recadro [03319] «Resultado de conversión de AID tras regularización: Aboamento (D. Forais/Navarra)» deberase consignar o importe que resulte de restar aos recadros [01043] «Aboamento por conversión de activos por imposto diferido en crédito esixible fronte á Administración tributaria (art. 130 LIS) (D. Forais/Navarra)» ou [01044] «Compensación por conversión de activos por imposto diferido en crédito esixible fronte á Administración tributaria (art. 130 LIS) (D. Forais/Navarra)», o importe do recadro [03245] «Rectificativa: Devolución acordada/compensada (D. Forais/Navarra)», para o caso de que esta operación resulte a devolver. A formalización deste recadro realizarase na páxina 26 do modelo 200.
-
-
No recadro [03320] «Resultado de conversión de AID tras regularización: Compensación» consignarase o importe total que resulte a devolver se a entidade opta por compensar o aboamento do crédito esixible fronte á Administración tributaria, cando o resultado do activo por imposto diferido convertido en crédito esixible fronte á Administración tributaria sexa menor que o resultante da autoliquidación orixinaria e a súa devolución aínda non fose acordada ou compensada pola Administración tributaria:
-
No caso de que a entidade tribute exclusivamente na Administración de Estado, no recadro [02490] «Resultado de conversión de AID tras regularización: Compensación (Estado)» deberase consignar o importe que resulte de restar aos recadros [01020] «Aboamento por conversión de activos por imposto diferido en crédito esixible fronte á Administración tributaria (art. 130 LIS) (Estado)» ou [01021] «Compensación por conversión de activos por imposto diferido en crédito esixible fronte á Administración tributaria (art. 130 LIS) (Estado)», o importe do recadro [03244] «Rectificativa: Devolución acordada/compensada (Estado)» para o caso de que esta operación resulte a devolver.
-
No caso de que a entidade tribute ante unha ou varias Deputacións Forais da Comunidade Autónoma do País Vasco e / ou Comunidade Foral navarra, no recadro [02491] «Resultado de conversión de AID tras regularización: Compensación (D. Forais/Navarra)» deberase consignar o importe que resulte de restar aos recadros [01043] «Aboamento por conversión de activos por imposto diferido en crédito esixible fronte á Administración tributaria (art. 130 LIS) (D. Forais/Navarra)» ou [01044] «Compensación por conversión de activos por imposto diferido en crédito esixible fronte á Administración tributaria (art. 130 LIS) (D. Forais/Navarra)», o importe do recadro [03245] «Rectificativa: Devolución acordada/compensada (D.Forais/Navarra)» para o caso de que esta operación resulte a devolver. A formalización deste recadro realizarase na páxina 26 do modelo 200.
-
-
No recadro [02492] «Resultado de conversión de AID tras regularización: A ingresar» consignarase o importe que resulte a ingresar cando o resultado do activo por imposto diferido convertido en crédito esixible fronte á Administración tributaria sexa menor que o resultante da autoliquidación orixinaria e a súa devolución xa fose acordada ou compensada pola Administración tributaria:
-
No caso de que a entidade tribute exclusivamente na Administración de Estado, no recadro [02493] «Resultado de conversión de AID tras regularización: A ingresar (Estado)» deberase consignar o importe que resulte de restar aos recadros [01020] «Aboamento por conversión de activos por imposto diferido en crédito esixible fronte á Administración tributaria (art. 130 LIS) (Estado)» ou [01021] «Compensación por conversión de activos por imposto diferido en crédito esixible fronte á Administración tributaria (art. 130 LIS) (Estado)», o importe do recadro [03244] para o caso de que esta operación resulte a ingresar.
-
No caso de que a entidade tribute ante unha ou varias Deputacións Forais da Comunidade Autónoma do País Vasco e / ou Comunidade Foral navarra, no recadro [02494] «Resultado de conversión de AID tras regularización: A ingresar (D. Forais/Navarra)» deberase consignar o importe que resulte de restar aos recadros [01043] «Aboamento por conversión de activos por imposto diferido en crédito esixible fronte á Administración tributaria (art. 130 LIS) (D. Forais/Navarra)» ou [01044] «Compensación por conversión de activos por imposto diferido en crédito esixible fronte á Administración tributaria (art. 130 LIS) (D. Forais/Navarra)», o importe do recadro [03245] para o caso de que esta operación resulte a ingresar. A formalización deste recadro realizarase na páxina 26 do modelo 200.
-