Saltar ao contido principal
Manual práctico de Sociedades 2024.

Formalización do modelo 200

Os recadros [01578] a [01585] cubriranse exclusivamente cando se presente unha autoliquidación rectificativa. Para cubrir estes recadros, as entidades deberán marcar previamente o recadro de autoliquidación rectificativa da páxina 1 do modelo 200 facendo constar o número de xustificante da autoliquidación anterior, así como o motivo da rectificación.

Cando a entidade que presenta a autoliquidación rectificativa, tribute exclusivamente na Administración de Estado, deberá recoller no apartado «Rectificativa» da páxina 14 bis do modelo 200, o resultado da autoliquidación anteriormente presentada da seguinte forma:

  • Se a autoliquidación orixinaria resultase a ingresar, consignarase o devandito importe no recadro [01578] «Resultado a ingresar como consecuencia da tramitación de autoliquidacións anteriores ou liquidacións administrativas correspondentes ao período impositivo 2024 (Estado)» coa cantidade que hai que ingresar que resultou na devandita autoliquidación.

  • Se a autoliquidación orixinaria resultase a devolver, no recadro [01584] «Devolución acordada pola Axencia Tributaria como consecuencia da tramitación de autoliquidacións anteriores ou liquidacións administrativas correspondentes ao período impositivo 2024 (Estado)», soamente consignarase a cantidade cuxa devolución fose efectuada pola Administración.

No caso en que a devolución non fose acordada ou efectuada pola Administración tributaria, deberase consignar cero (0) no recadro [01584] «Devolución acordada pola Axencia Tributaria como consecuencia da tramitación de autoliquidacións anteriores ou liquidacións administrativas correspondentes ao período impositivo 2024 (Estado)».

Por último, no recadro [00621] «Resultado (Estado)» deberase recoller o importe total que resulte da seguinte operación:

[00621] = [01586] - [01578] + [01584]

Se a entidade que presenta a autoliquidación rectificativa tributa ante unha ou varias Deputacións Forais da Comunidade Autónoma do País Vasco e / ou Comunidade Foral navarra, os recadros [01583] «Resultado a ingresar como consecuencia da tramitación de autoliquidacións anteriores ou liquidacións administrativas correspondentes ao período impositivo 2024», [01585] «Devolución acordada pola Axencia Tributaria como consecuencia da tramitación de autoliquidacións anteriores ou liquidacións administrativas correspondentes ao período impositivo 2024 (D. Forais/Navarra)» e [00622] «Resultado (D. Forais/Navarra)», deberanse cubrir do mesmo xeito a través do cadro de determinación do resultado correspondente a cada unha das Administracións forais da páxina 26 do modelo 200.