Tributación conxunta ao Estado e ás Deputacións Forais do País Vasco e / ou Comunidade Foral de Navarra
Neste apartado da páxina 26 do modelo 200, efectúase o cálculo das porcentaxes de tributación a cada Administración nos supostos de tributación conxunta ao Estado e ás Deputacións Forais do País Vasco e / ou Comunidade Foral de Navarra.
Así mesmo, recóllese a desagregación para cada unha destas Administracións dos datos correspondentes á cota, pagamentos fraccionados e demais necesarios para calcular o importe líquido a ingresar ou a devolver a cada unha delas .
Conforme ao que se dispón no Concerto Económico coa Comunidade Autónoma do País Vasco aprobado pola Lei 12/2002, do 23 de maio, pola que se aproba o Concerto Económico coa Comunidade Autónoma do País Vasco, e no Convenio Económico entre o Estado e a Comunidade Foral de Navarra aprobada pola Lei 28/1990, do 26 de decembro, pola que se aproba o Convenio Económico entre o Estado e a Comunidade Foral de Navarra, aplícanse réximes de tributación conxunta entre o Estado e as Administracións Forais para o reparto do Imposto sobre Sociedades de acordo co volume de operacións realizadas en cada un dos territorios.