Entidades parcialmente exentas do artigo 9.4 da LIS
Os partidos políticos están parcialmente exentos do Imposto, nos termos establecidos na Lei Orgánica 8/2007, do 4 de xullo, sobre financiamento dos partidos políticos.
Con esta finalidade, o artigo 11.3 da Lei Orgánica 8/2007, do 4 de xullo, establece que os partidos políticos virán obrigados a presentar a declaración polo Imposto sobre Sociedades con relación ás rendas non exentas. Ademas, o artigo 124.3 da LIS establece que os partidos políticos deberán presentar declaración pola totalidade das súas rendas, exentas e non exentas.
Para ter en conta:
A Dirección Xeral de Tributos na resolución emitida en resposta á consulta vinculante V1324-24 dá prioridade á aplicación do artigo 124.3 da LIS fronte ao artigo 11.3 da Lei Orgánica 8/2007. Por iso, de acordo co que se dispón no artigo 124.3 LIS, os partidos políticos virán obrigados a presentar e subscribir declaración polo Imposto sobre Sociedades con relación coa totalidade das súas rendas, as exentas e as non exentas.