Código CNAE (2025) actividade principal - Actividades agrícolas e / ou gandeiras
Neste cadro da páxina 1 do modelo 200 deberase cubrir os seguintes campos:
-
No campo «Código CNAE (2025) actividade principal » a entidade declarante deberá consignar o código de catro cifras relativas á Clasificación Nacional de Actividades Económicas (CNAE) que corresponda á súa actividade con maior volume de operacións.
Para ter en conta:
Neste campo móstrase unha táboa cos códigos da Clasificación Nacional de Actividades Económicas 2025 (CNAE-2025) correspondentes á lista de actividades establecidas polo Real decreto 10/2025, do 14 de xaneiro (BOE do 16), polo que se aproba a Clasificación Nacional de Actividades Económicas 2025 (CNAE-2025).
Nesta táboa, deberase buscar coas teclas «frecha arriba» e «frecha embaixo» a actividade que corresponda e pulsar «Intro» para que o formulario de formalización, consigne automaticamente o código.
Na Sede electrónica da Axencia Tributaria encóntrase dispoñible a ferramenta «Buscador de actividades e as súas obrigas tributarias» que ofrece información sobre os grupos ou epígrafes en que se clasifican as actividades económicas incluídas nas tarifas do IAE, partindo dunha descrición baseada nunha ou varias palabras significativas da actividade a realizar. Así mesmo, móstranse a título informativo, os códigos nacionais de actividade económica (CNAE-2025) que se corresponden, se é o caso, con cada epígrafe.
-
No caso de que a entidade declarante desenvolva actividades agrícolas e / ou gandeiras, deberá marcar cunha "X" o recadro correspondente ao campo «Actividades agrícolas e / ou gandeiras » e cubrir o cadro «Comunicación do importe neto da cifra de negocios » da páxina 21 do modelo 200, onde deberá comunicar o Importe neto da cifra de negocio do total das actividades agrícolas e / ou gandeiras (recadro [01897]), así como outros ingresos de explotación das devanditas actividades (recadro [01901]).