Saltar ao contido principal
Manual de Tránsito

V.6.2. Aspectos teóricos xerais e lexislación pertinente

Unha vez concluída a operación de tránsito, as mercadorías presentaranse na aduana de destino, canda o DUA ou o DAT e a información esixida pola devandita aduana. Isto constitúe o final da operación de tránsito.

A aduana de destino efectuará un control das mercadorías baseandose na información incluída no DUA ou no DAT , rexistrará os resultados da inspección no DUA ou no DAT e devolverá o documento á aduana de partida.

Desde que non se producisen irregularidades, a aduana de partida procederá á ultimación , tras recibir os resultados do control en papel.

En caso contrario adoptaranse as medidas necesarias.

As fontes lexislativas son:

  • artigos 8, 45 a 46, 48 e 51 do apéndice I do Convenio;
  • anexo II do apéndice I do Convenio;
  • anexo B10 do apéndice III do Convenio; • artigo 215 e artigo 233, apartados 1, 2 e 3, do CAU;
  • artigos 306, 308, 310 e 312 do AE ;
  • anexos 72-03 e 72-04 do AE .