VII.5.3. Consecuencias do control
Á vista da información recibida, a autoridade competente que solicite o control tomará as medidas oportunas.
Non obstante, cando se orixine unha débeda (aduaneira) no curso dunha operación de tránsito, a autoridade competente do país de partida será a responsable de iniciar as investigacións, se fosen necesarias, e de determinar os feitos esenciais da devandita débeda (aduaneira), o debedor e a autoridade competente para a súa recadación, conforme ás disposicións en materia de débeda e recadación (véxase a parte VIII).