VIII.1.2. Distinción entre disposicións financeiras e disposicións penais
Artigo 112 do apéndice I do Convenio
Artigo 79 do CAU
Con respecto a unha operación de tránsito, a «débeda» en suspenso mentres as mercadorías estaban ao abeiro do réxime tera quese cobrar cando o réxime de tránsito non fose ultimado segundo o disposto, despois de haberse establecido que unha «débeda» foi contraída por subtracción ou incumprimento dunha condición da inclusión das mercadorías no réxime ou a utilización do réxime.
Esas situacións que dan orixe a unha débeda aseméllanse a miúdo a «infraccións» ou «irregularidades», que non darán lugar ao cobramento dun importe obxectivamente debido, senón á imposición dunha sanción administrativa ou penal. A parte VIII do Manual de Tránsito cobre soamente as situacións obxectivas en que se orixina unha débeda, sen incluír o aspecto punitivo, que seguirá sendo competencia de cada Estado membro ou país de tránsito común.