Regras de valoración para accións e participacións no capital social ou nos fondos propios de calquera outras entidades xurídicas, negociadas en mercados organizados
As accións e participacións no capital social ou nos fondos propios de calquera entidades xurídicas, negociadas en mercados organizados que deben declararse neste apartado computaranse polo seu valor de negociación media no cuarto trimestre de cada ano.
Con esta finalidade, relación de valores negociados en mercados organizados, co seu valor de negociación medio correspondente ao cuarto trimestre de 2019, para os efectos da declaración do Imposto sobre o Patrimonio do ano 2019 e da declaración informativa anual acerca de valores, seguros e rendas recóllese na Orde Orde HAC/176/2020, do 20 de febreiro (BOE do 29).
Importante: cando se trate de subscrición de novas accións non admitidas aínda a cotización oficial, emitidas por entidades xurídicas que coticen en mercados organizados, tomarase como valor destas accións o da última negociación dos títulos antigos dentro do período de subscrición.
Nos supostos de ampliacións de capital pendente de desembolso, a valoración das accións farase de acordo coas normas anteriores, coma se estivesen totalmente desembolsadas, incluíndo a parte pendente de desembolso como débeda do suxeito pasivo.