Para suxeitos pasivos por obriga persoal residentes nalgunha Comunidade Autónoma
A Lei 22/2009, do 18 de decembro, pola que se regula o sistema de financiamento das Comunidades Autónomas de réxime común e Cidades con Estatuto de Autonomía e modifícanse determinadas normas tributarias (BOE do 19), establece no seu artigo 47 que as Comunidades Autónomas poderán asumir no Imposto sobre o Patrimonio, entre outras competencias normativas, as relativas á determinación do mínimo exento.
En consecuencia, a base impoñible reducirase, exclusivamente no suposto de obriga persoal de contribuír, no importe que fose aprobado pola Comunidade Autónoma en concepto de mínimo exento.
Se a Comunidade Autónoma non regulase o mínimo exento, a base impoñible reducirase en 700.000 euros, contía establecida para estes fins no artigo 28 da Lei 19/1991, do 6 de xuño, do Imposto sobre o Patrimonio.
O importe do mínimo exento aplicable en 2019 polos contribuíntes do Imposto sobre o Patrimonio por obriga persoal é, con carácter xeral, de 700.000 euros, agás nas seguintes Comunidades Autónomas:
- Aragón(1): o importe do mínimo exento se fixa en 400.000 euros
- Cataluña (2): o importe do mínimo exento se fixa en 500.000 euros.
- Estremadura(3):
Con carácter xeral, o importe do mínimo exento se fixa en 500.000 euros.
Non obstante, para os contribuíntes que foren discapacitados, ese mínimo será o seguinte:
- 600.000 euros, se o grao de discapacidade fóra igual ou superior ao 33 e inferior ao 50 por 100
- 700.000 euros, se o grao de discapacidade fóra igual ou superior ao 50 e inferior ao 65 por 100
-
800.000 de euros, se o grao de discapacidade fóra igual ou superior ao 65 por 100.
Para aplicar o mínimo exento que corresponda, o contribuínte deberá ter recoñecida unha incapacidade permanente, estar incapacitado xudicialmente ou ter recoñecido algún dos graos de discapacidade que se indican.
Con esta finalidade, o grao de discapacidade ou a incapacitación serán recoñecida ou declaradas polo órgano administrativo ou xudicial competente, de acordo coa normativa aplicable.
-
Comunitat Valenciana (4)
Con carácter xeral, o importe do mínimo exento se fixa en 600.000 euros.
Non obstante, para os contribuíntes con discapacidade psíquica, cun grao de discapacidade igual ou superior ao 33 por 100, e para contribuíntes con discapacidade física ou sensorial, cun grao de discapacidade igual ou superior ao 65 por cento, o importe do mínimo exento elévase a 1.000.000 euros.
(1) Véxase o artigo 150-2 do texto refundido das disposicións ditadas pola Comunidade Autónoma de Aragón en materia de tributos cedidos aprobado polo Decreto Lexislativo 1/2005, do 26 de setembro, do Goberno de Aragón.(Volver)
(2) Véxase o artigo 2 da Lei 31/2002, do 30 de decembro, de medidas fiscais e administrativas.(Volver)
(3) Véxase o artigo 14 do texto refundido das disposicións legais da Comunidade Autónoma de Extremadura en materia de tributos cedidos polo Estado, aprobado polo Decreto Lexislativo 1/2018, do 10 de abril.(Volver)
(4) Véxase o artigo 8 da Lei 13/1997, do 23 de decembro, pola que se regula o tramo autonómico do imposto sobre a renda das persoas físicas e restantes tributos cedidos.(Volver)