Saltar ao contido principal
Manual práctico de Patrimonio 2019.

Comunidade Autónoma de La Rioja

Bonificación xeral do 75 por 100

Normativa: Art. 10 Lei 10/2017, do 27 de outubro, pola que se consolidan as disposicións legais da Comunidade Autónoma de La Rioja en materia de impostos propios e tributos cedidos

Con posterioridade ás deducións e bonificacións reguladas pola normativa do Estado, o contribuínte terá dereito a aplicar, sobre a cota resultante, unha bonificación autonómica  do 75 por 100 da devandita cota, se esta é positiva.

Non se aplicará esta bonificación se a cota resultante fose nula.