Saltar ao contido principal
Manual práctico de Patrimonio 2019.

Pola participación no capital social de cooperativas agrarias ou de explotación comunitaria da terra

Normativa: Art. 13 ter.Tres Texto refundido das disposicións legais da Comunidade Autónoma de Galicia en materia de tributos cedidos polo Estado, aprobado por Decreto Lexislativo 1/2011, do 28 de xullo.

  • Requisitos para a aplicación da dedución
    • Que entre os bens ou dereitos de contido económico computados para a determinación  da base impoñible inclúense participacións no capital social de  cooperativas  agrarias ou de explotación comunitaria da terra  ás que se refire a Lei 5/1998, do 18  de decembro, de cooperativas de Galicia.
    • As participacións deben manterse no patrimonio do contribuínte durante un período  mínimo de  cinco anos seguintes á súa adquisición.
  • Contía da dedución

    O 100 por 100 da parte da cota  que proporcionalmente corresponda aos mencionados bens ou dereitos.

  • Incompatibilidade

    Esta dedución será incompatible coa aplicación para os mesmos bens ou dereitos das  exencións  do artigo 4 ##1## da Lei do Imposto sobre o Patrimonio, aínda que a devandita exención sexa parcial.