Saltar ao contido principal
Manual práctico de Patrimonio 2019.

Presentación

Co fin de facilitar o cumprimento das obrigas tributarias, a Axencia Tributaria pon por primeira vez á súa disposición nesta campaña unha nova versión dixital do Manual Práctico do Imposto sobre o Patrimonio do exercicio 2019 adaptado á linguaxe HTML que foi  preparada polo Departamento de Xestión Tributaria. Linguaxe HTML co que se elabora a estrutura e contido da páxina web ao ser compatible con case todos os navegadores e plataformas e, por iso, utilizado maioritariamente polos usuarios de Internet para a súa visualización.

Con esta adaptación ao ámbito dixital perséguese acadar tres obxectivos básicos que viñan sendo reiteradamente demandados polos contribuíntes e que, co arquivo en formato PDF do Manual que se inclúe na páxina web da Axencia Tributaria, resultaban impracticables.

O primeiro obxectivo é a súa accesibilidade web, é dicir, lograr que o acceso ao mesmo sexa posible polo máximo número de persoas, independentemente dos seus coñecementos ou capacidades persoais ou físicas e independentemente das características técnicas do equipo utilizado para acceder á Web.

O segundo obxectivo é o de posibilitar e pór a disposición dos  contribuíntes  de forma simultánea os contidos do Manual noutros idiomas ou linguas cooficiais.

O terceiro e último obxectivo é o de optimizar a utilización do seu contido. Isto é, a posibilidade de incluír en calquera zona, bloque ou sección da páxina web da AEAT unha ligazón ao manual ou a unha parte concreta do mesmo, así como facilitar a navegación e busca da información que o contribuínte pretenda consultar no mesmo.

Perséguese unha explotación eficaz do contido do Manual que evite a actual duplicidade de documentos na  web  da Axencia tributaria sobre os mesmos temas, reducindo o exceso de almacenaxe e a necesidade de estar actualizando unha pluralidade de documentos comparativamente coincidentes.

Convén resaltar que os contidos técnicos da nova versión dixital son idénticos aos da edición en papel e en PDF pero adaptados ao novo medio en que se vai a desenvolver o que se traduciu na necesidade de realizar unha nova e máis detallada reestruturación deste contido, buscando a súa “usabilidade”.

A Axencia Tributaria aposta decididamente por este formato sen descoñecer que é un proxecto innovador e complexo que esixe un necesario período de adaptación. Por esta razón durante esta campaña coexisten o Manual tanto na súa edición en papel e en formato PDF interactivo como na nova linguaxe dixital.

Tras a súa posta en práctica ábrese un proceso de análise e avaliación co que detectar as carencias do produto para ir progresivamente implementando as solucións e adaptandoo ás necesidades dos usuarios ata conseguir, co tempo, a plena substitución dos anteriores formatos.

Departamento de Xestión Tributaria