Deducións e bonificacións autonómicas
Normativa: Art. 47 Lei 22/2009
De acordo co artigo 47 da Lei 22/2009, do 18 de decembro, pola que se regula o sistema de financiamento das Comunidades Autónomas de réxime común e Cidades con Estatuto de Autonomía e modifícanse determinadas normas tributarias, no Imposto sobre o Patrimonio, as Comunidades Autónomas poderán asumir competencias normativas sobre deducións e bonificacións da cota.
As deducións e bonificacións aprobadas polas Comunidades Autónomas resultarán, en todo caso , compatibles coas deducións e bonificacións establecidas na normativa estatal reguladora do Imposto sobre o Patrimonio e non poderán supor unha modificación das mesmas .
Estas deducións e bonificacións autonómicas aplicaranse con posterioridade ás reguladas pola normativa do Estado.
Para 2020 as deducións e bonificacións aprobadas polas Comunidades Autónomas son as seguintes: