Saltar ao contido principal
Manual práctico de Patrimonio 2021.

Introdución

O Imposto sobre o Patrimonio estableceuse pola Lei 19/1991, do 6 de xuño, e foi materialmente esixible ata o 1 de xaneiro de 2008, data a partir da que a Lei 4/2008, do 23 de decembro, pola que se suprime o gravame do Imposto sobre o Patrimonio, xeneralízase o sistema de devolución mensual no Imposto sobre o Valor Engadido e introdúcense outras modificacións na normativa tributaria (BOE do 25), eliminou a obriga de contribuír polo mesmo, mediante a fórmula de establecer unha bonificación estatal do 100 por 100 sobre a súa cota íntegra e de derrogar as obrigas formais relativas á autoliquidación do imposto, a presentación da declaración e, se é o caso, o pagamento da débeda tributaria.

Non obstante, os efectos da crise económica, levaron á súa recuperación, con carácter temporal a través do Real Decreto-lei 13/2011, do 16 de setembro (BOE do 17) que contemplaba inicialmente o seu restablecemento só para os anos 2011 e 2012. Non obstante, foise  prorrogando a súa aplicación para os sucesivos exercicios ata que a Lei 11/2020, do 30 de decembro, de Orzamentos Xerais do Estado para o ano 2021 (BOE do 31) na súa disposición derrogatoria primeira veu a establecer o mantemento con carácter indefinido do Imposto sobre o Patrimonio. Para iso, derrógase con efectos 1 de xaneiro de 2021 o apartado segundo do artigo único do Real Decreto-lei 13/2011.