Saltar ao contido principal
Manual práctico de Patrimonio 2021.

7. Rendas temporais ou vitalicias

Normativa: Art. 17.Dous Lei Imposto Patrimonio

Debemos distinguir:

  • Con carácter xeral, a valoración das rendas temporais  ou vitalicias constituídas como consecuencia da entrega  dunha capital, ben sexa en diñeiro, bens mobles ou inmobles, cuxa titularidade corresponda  ao declarante deberá realizarse  polo resultado de capitalizar a anualidade ao tipo de xuro  legal do diñeiro vixente á data de devindicación deste imposto  (31 de decembro)  e tomando do capital resultante aquela parte que, segundo as regras establecidas para valorar  os usufrutos, corresponda á idade do rendeiro, se a renda é vitalicia, ou á duración da  renda, se é temporal.

    As regras de valoración dos usufrutos poden consultarse no apartado  "Dereitos reais de uso e goce  (excluídos os que, se é o caso, recaian sobre a vivenda habitual do suxeito pasivo)", que se comenta no Capítulo  3 deste Manual.

    Para o exercicio 2021 o tipo de xuro legal do diñeiro foi fixado no 3 por 100. 

    Cando o importe da renda non se cuantifique en unidades monetarias, a valoración obterase  capitalizando a cantidade de 7.908,60 euros, importe do indicador público de renda de  efectos múltiples (IPREM) para o ano 2021.

  • Como excepción, cando se perciban rendas, temporais ou vitalicias, procedentes dun seguro de vida, estas computaranse polo valor establecido na regra de valoración prevista para os seguros de vida na base impoñible do perceptor. Isto é, computaranse polo seu valor de rescate no momento da devindicación do imposto e,  desde o  11 de xullo de 2021, nos supostos en que o tomador non teña a facultade de exercer o dereito de rescate total na data de devindicación do imposto,  polo valor da provisión matemática na citada data na base impoñible do tomador.

Exemplo

Don M.P.S., de 60 anos de idade a 31 de decembro de 2021, transmitiu os piso en que residía a cambio dunha renda  vitalicia de 12.000 euros anuais. O xuro legal do diñeiro en 2021 foi do 3 por 100. 

Determinar o valor polo que a devandita renda vitalicia debe declararse no Imposto sobre o Patrimonio.

Solución

Capitalización da renda que se percibe:

12.000 x (100 ÷ 3) = 400.000 euros

Aplícase a porcentaxe que lle corresponda ao usufruto vitalicio en función da idade do rendeiro:

(89 – 60) = 29%

Valor da renda vitalicia:

29% de 400.000 = 116.000 euros