Normativa
Na normativa tanto estatal coma autonómica optouse pola ligazón ao texto consolidado do BOE, en canto documento que integra no texto orixinal da norma as modificacións e correccións que tivo desde a súa orixe.
A Axencia Estatal Boletín Oficial do Estado ofrece ademais do último texto consolidado e actualizado das principais normas do ordenamento xurídico, as versións intermedias que corresponden a cada unha das modificacións que sufriu ao longo do tempo.
Cada vez que unha norma consolidada é obxecto dunha modificación posterior, aparece no texto consolidado do BOE un aviso debaixo da listaxe de versións, indicando que a última actualización está en proceso. O tempo que media entre a publicación no BOE da modificación e a elaboración dunha nova versión consolidada que a incorpore, habitualmente é de entre 1 e 3 días laborables, segundo informa a páxina web do BOE.
Advertencia: para determinar a normativa aplicable en 2021 teña en conta , no texto consolidado, as entradas en vigor e as datas desde as que producen efecto as modificacións introducidas nos distintos artigos.