Para suxeitos pasivos por obriga persoal residentes nalgunha Comunidade Autónoma
A Lei 22/2009, do 18 de decembro, pola que se regula o sistema de financiamento das Comunidades Autónomas de réxime común e Cidades con Estatuto de Autonomía e modifícanse determinadas normas tributarias (BOE do 19 de decembro), establece no seu artigo 47 que as Comunidades Autónomas poderán asumir no Imposto sobre o Patrimonio, entre outras competencias normativas, as relativas á determinación do mínimo exento.
En consecuencia, a base impoñible reducirase, exclusivamente no suposto de obriga persoal de contribuír, no importe que fose aprobado pola Comunidade Autónoma en concepto de mínimo exento.
Se a Comunidade Autónoma non regulase o mínimo exento, a base impoñible reducirase en 700.000 euros, contía establecida para estes fins no artigo 28 da Lei 19/1991, do 6 de xuño, do Imposto sobre o Patrimonio.
De acordo co anterior, o importe do mínimo exento aplicable en 2023 polos contribuíntes do Imposto sobre o Patrimonio por obriga persoal é, con carácter xeral, de 700.000 euros, agás nas seguintes Comunidades Autónomas:
-
Andalucía:
Para contribuíntes con discapacidade o importe mínimo exento será:
-
1.250.000 euros, se o grao de discapacidade fóra igual ou superior ao 33 por 100 e inferior ao 65 por 100.
-
1.500.000 euros, se o grao de discapacidade fóra igual ou superior ao 65 por 100.
Véxase o artigo 24 da lei 5/2021, do 20 de outubro, de Tributos cedidos da Comunidade Autónoma de Andalucía.
-
-
Aragón: o importe do mínimo exento se fixa en 700.000 euros.
Véxase o artigo 150-2 do texto refundido das disposicións ditadas pola Comunidade Autónoma de Aragón en materia de tributos cedidos aprobado polo Decreto Lexislativo 1/2005, do 26 de setembro, do Goberno de Aragón.
-
Canarias: o importe do mínimo exento se fixa en 700.000 euros.
Véxase o artigo 29 do texto refundido das disposicións legais vixentes ditadas pola Comunidade Autónoma das Canarias en materia de tributos cedidos aprobado polo Decreto Lexislativo 1/2009, do 21 de abril.
-
Cataluña : o importe do mínimo exento se fixa en 500.000 euros.
Véxase o artigo 2 da Lei 31/2002, do 30 de decembro, de medidas fiscais e administrativas.
-
Extremadura:
Véxase o artigo 14 do texto refundido das disposicións legais da Comunidade Autónoma de Extremadura en materia de tributos cedidos polo Estado, aprobado polo Decreto Lexislativo 1/2018, do 10 de abril.
Con carácter xera l, o importe do mínimo exento se fixa en 500.000 euros.
Non obstante, para contribuíntes con discapacidade, ese mínimo será o seguinte:
-
600.000 euros, se o grao de discapacidade fóra igual ou superior ao 33 e inferior ao 50 por 100
-
700.000 euros, se o grao de discapacidade fóra igual ou superior ao 50 e inferior ao 65 por 100
-
800.000 de euros, se o grao de discapacidade fóra igual ou superior ao 65 por 100.
Para aplicar o mínimo exento que corresponda, o contribuínte deberá ter recoñecida unha incapacidade permanente, estar incapacitado xudicialmente ou ter recoñecido algún dos graos de discapacidade que se indican.
Con esta finalidade, o grao de discapacidade ou a incapacitación serán recoñecida ou declaradas polo órgano administrativo ou xudicial competente, de acordo coa normativa aplicable.
Atención:teñase en conta que, a partir da entrada en vigor da Lei 8/2021 de reforma do Código Civil, as referencias realizadas á incapacitación xudicial esténdense ás resolucións xudiciais en que se establece a curadoría representativa das persoas con discapacidade.
-
-
Comunitat Autónoma da Rexión de Murcia
En relación coas devindicacións do IP que se produzan o 31 de decembro de 2023, o mínimo exento se fixa en 3.700.000 euros.
Véxase a disposición adicional oitava do Texto Refundido das Disposicións Legais vixentes na Rexión de Murcia en materia de Tributos Cedidos, aprobado por Decreto Lexislativo 1/2010, do 5 de novembro.
-
Comunitat Valenciana
Véxase o artigo 8 da Lei 13/1997, do 23 de decembro, pola que se regula o tramo autonómico do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas e restantes tributos cedidos.
Con carácter xeral, o importe do mínimo exento se fixa en 500.000 euros.
Porén, para os contribuíntes con discapacidade psíquica, cun grao de discapacidade igual ou superior ao 33 por 100, e para contribuíntes con discapacidade física ou sensorial, cun grao de discapacidade igual ou superior ao 65 por cento, o importe do mínimo exento elévase a 1.000.000 euros.