Comunidade Autónoma de La Rioja
Bonificación xeral
Normativa: art.33 bis e disposición adicional cuarta da Lei 10/2017, do 27 de outubro, pola que se consolidan as disposicións legais da Comunidade Autónoma de La Rioja en materia de impostos propios e tributos cedidos
Importante: mentres estea vixente o Imposto Temporal de Solidariedade das Grandes Fortunas non será aplicable a bonificación xeral do 100 por 100 da cota do Imposto sobre o Patrimonio establecida no artigo 33.bis da Lei 10/2017. No seu lugar, o contribuínte poderá aplicar unha bonificación autonómica determinada pola diferenza, se a houber, entre a total cota íntegra do propio imposto, unha vez aplicado o límite conxunto establecido no artigo 31 da Lei 19/1991, do 6 de xuño, e a total cota íntegra correspondente ao Imposto Temporal de Solidariedade das Grandes Fortunas, unha vez aplicado o límite conxunto establecido no artigo 3. Doce da Lei 38/2022, do 27 de decembro.
Teñase en conta que o Real Decreto-lei 8/2023, do 27 de decembro, prorrogou a aplicación do ITSGF , polo que en 2025 continúa sendo aplicable.
O 100 por 100 da cota minorada. O importe que corresponda por esta bonificación consignarase no recadro [50] do modelo de declaración.
Non se aplicará esta bonificación se a cota resultante fose nula.