Preguntas frecuentes sobre cita previa
Poderán solicitar cita previa para xestionar a declaración de Renda 2015 os contribuíntes que cumpran os seguintes requisitos:
- Non ter rendas do traballo superiores a 65.000 euros brutos anuais.
- Non ter rendas do capital mobiliario superiores a 15.000 euros brutos anuais.
- Non exercer actividades económicas en réxime de estimación directa.
- Non realizar máis de dúas transmisións patrimoniais.
- Non ter máis dun inmoble arrendado.
- Non ter rendas derivadas de réximes especiais, agás rendas derivadas de entidades en Réxime de Atribución de Rendas, cos límites anteriores, e imputacións de rendas inmobiliarias.
- Non se confeccionarán declaracións complementarias de anos anteriores.
Desde o 4 de maio ata o 29 de xuño, a través de Internet ou do servizo telefónico de cita previa para Renda, 901 22 33 44 ou 91 553 00 71 (de luns a venres de 9 a 19 horas), para ser atendido en oficinas (desde o 10 de maio ata o 30 de xuño).