Tratamento fiscal dos donativos
Sí. Na información fiscal reflíctese o importe das doazóns e achegas realizadas e ademais, figura a contía da mesma e o seu carácter recorrente ou non.
O novo sistema de cálculo que establece a normativa a partir de 2015 supón que:
-
Ata 150 euros de doazóns realizadas en conxunto polo contribuínte procede aplicar un porcentaxe de dedución incrementado do 75 %(en actividades prioritarias do mecenado o 80 %).
-
Ao exceso sobre 150 euros do conxunto de doazóns realizadas correspóndelle un porcentaxe de dedución diferente (30, 35 ou 40 por 100), dependendo de se a doazón á mesma entidade non foi inferior á dos dous anos anteriores (recorrencia) e de se a actividade da entidade ten a consideración ou non de actividade prioritaria do mecenado.
Polo tanto, os porcentaxes de dedución aplicables en 2016 aos contribuíntes do IRPF que realizasen donativos serían os seguintes, en función do importe do donativo, de se hai ou non recorrencia na doazón e de se a actividade é ou non considerada como prioritaria do mecenado:
Importe Doazón |
Actividade Non Prioritaria Mecenado |
Actividade Prioritaria Mecenado |
---|---|---|
Ata 150 € |
75 % |
80 % |
Exceso sobre 150 € |
30 % |
35 % |
Exceso sobre 150 € e recorrencia |
35 % |
40 % |
Nos datos fiscais que figuran no programa Renda WEB dentro da pestana de Datos incorporados, pódense visualizar importes, recorrencia e porcentaxes aplicadas a esta dedución que se envorcará de forma automática no apartado de renda correspondente.
Non obstante, cumprirá comprobar que os datos fiscais que aparecen son correctos e que as porcentaxes están ben aplicado; deberán modificarse en caso contrario.
Que as doazóns realizadas á mesma entidade nos dous períodos impositivos inmediatos anteriores fosen por contía igual ou superior á do exercicio precedente.
É dicir, que na entidade de que se trate debe cumprirse:
Doazón 2014 ≤ Doazón 2015 ≤ Doazón 2016
Neste caso a dedución que procede é o resultado de aplicar a porcentaxe de dedución do 75 %á contía da doazón realizada.
Dedución = 75 % x Importe doazón
A dedución procedente é coincidente coa suma de:
Dedución entidade 1 = 75 % x Importe donativo entidade 1
Dedución entidade 2 = 75 % x Importe donativo entidade 2
Total dedución donativos = Dedución entidade 1 + dedución entidade 2
-
Se non se cumpre o requisito de recorrencia na doazón:
Dedución = 150 x 75 % + (200-150) x 30 % = 127,50
-
Se se cumpre o requisito de recorrencia na doazón:
Dedución = 150 x 75 % + (200-150) x 35 % = 130
A dedución procedente é:
Dedución entidade = 100 x 75 % + (150 – 100) x 75 % + (100 – 50) x 35 % = 130
A dedución procedente é:
Dedución entidade = 150 x 75 % + (240 – 150) x 30 % + 120 x 35 % = 181,50
A dedución procedente é:
Dedución entidade = 150 x 75 % + (300 – 150) x 30 % + 200 x 35 % = 227,50
Aplicarase sempre a opción máis favorable para o contribuínte, e o programa de cálculo da autoliquidación do IRPF así calcúlao, polo tanto entenderase que os primeiros 150 euros de doazón corresponden en primeiro lugar ás doazóns sen recorrencia, primeiro para actividades prioritarias e despois os restantes, para que o resto de cantidades doadas poidan beneficiarse se é o caso das porcentaxes de dedución máis elevados:
100x80% + 50x75% + 250x40% + (300-50) x30% + 1000x35% = 642,50