A devolver
Desde o 2 de abril ata o 1 de xullo de 2019:
-
Por vía electrónica (Con número de referencia, Cl@ve PIN, certificado ou DNI e).
-
Mediante asistencia telefónica, a través do denominado "Plan Chamámoslle", solicitando cita previa para que lle chamemos a fin de confeccionar e presentar a súa declaración. Pode solicitar esta cita por Internet ou nos teléfonos 901 22 33 44 ou 91 553 00 71, e tamén no 901 12 12 24.
Desde o 14 de maio ata o 1 de xullo de 2019:
-
A través da campaña presencial de confección de declaracións mediante cita previa nas oficinas da Axencia Tributaria ou noutras Administracións ou entidades que colaboran na confección de declaracións.
AVISO: Se o resultado é a devolver e renúnciase á devolución , soamente pode confirmarse o borrador por Internet, por teléfono ou nas oficinas da Axencia Tributaria.