Modalidades de pagamento
No momento de presentación das declaracións a ingresar, pódese optar polo fraccionamento do seu importe: 60% no momento de presentar a declaración e o 40% restante, ata o 5 de novembro de 2019, inclusive. En ningún caso poden fraccionarse autoliquidacións complementarias.
Así mesmo pode optarse por utilizar como medio de pagamento a domiciliación bancaria: domiciliación de ambos os dous prazos, domiciliar o pagamento do primeiro prazo e non domiciliar o correspondente ao segundo prazo ou ben domiciliar unicamente o pagamento correspondente ao segundo prazo.
En relación coas opcións de pagamento da declaración previamente presentada, permítense determinadas modificacións:
-
Anular as dúas domiciliacións e ingresar nun único prazo.
-
Anular a domiciliación do segundo pagamento da declaración.
-
Ata o 26 de xuño existe a posibilidade de fraccionar o pagamento (60% / 40 %), sempre que a débeda declarada estea domiciliada. .
-
Ata o 22 de setembro poderase domiciliar o segundo prazo do fraccionamento (40 %); esta opción será posible sempre que o primeiro pagamento estea domiciliado.
Estas dúas últimas modificacións poden efectuarse a través da opción "Consulte e / ou modifique a súa conta de domiciliación" que se encontra dentro de Renda 2018 no apartado MÁIS TRÁMITES.
Non obstante, para as declaracións con resultado a ingresar en que non se opte pola domiciliación bancaria como medio de pagamento do importe resultante ou, se é o caso, do correspondente ao primeiro prazo, o contribuínte poderá obter un documento co que, unha vez impreso, poderá efectuar directa e persoalmente o ingreso do importe resultante da súa declaración nas oficinas das entidades colaboradoras. (NOVIDADE).