Formalización da dedución. Exercicio 2022
A dedución por maternidade é calculada automaticamente por Renda WEB, aínda que cando estivese durante o ano 2022 en situación de desemprego incluíndo as novas circunstancias que agora dan dereito á dedución, ao acceder á declaración cumprirá achegar información relativa á Dedución por maternidade.
En concreto deberase indicar:
-
Se durante todos os meses de 2022 estivose nunha ou varias situacións que outorgan o dereito á dedución marcando SI ou NON.
-
No suposto de que se indique que NON estivo todos os meses nunha desas situacións, terase que marcar con SI cada un dos meses en que se produciu algunha das situacións ou NON cando non se deu ningunha delas . O importe das cotizacións totais xa aparece reflectido.
Por exemplo, unha contribuínte tivo un fillo o 01/08/2020 (estando traballando desde antes do nacemento dese fillo) e permanece en activo ata o día 30/09/2021 que pasa a estar na situación de ERTE con suspensión total ata o día 01/02/2022 que reemprende o seu traballo. Con posterioridade, o 30/05/2022 pasa á situación de desemprego.
Ademais, o fillo acudiu a unha gardaría durante todos os meses de 2021 e 2022 a excepción do mes de agosto de cada un dos anos.
En 2020 e 2021 xa incluíu na súa declaración os importes relativos á dedución por maternidade e ao incremento por gastos en gardaría que lle correspondían conforme á regulación orixinal desta dedución.
No presente exemplo, esta contribuínte, na declaración de Renda 2022 terá dereito á dedución por maternidade polos meses en que se encontre en activo (febreiro a maio) ou nalgunha das novas situacións (xaneiro ao estar en ERTE de suspensión total). Non ten dereito á dedución por maternidade entre os meses en que está desempregada (xuño a decembro).
En consecuencia, marcarase “Si” nos meses de xaneiro a maio e “NON” nos meses de xuño a decembro:
Con esta información facilitada Renda Web calcula o importe da “Dedución por maternidade. Exercicio 2022” que ascende a un total de 100 €/mes por cada un os cinco meses aos que ten dereito, é dicir, 500 €.
Doutra banda, tamén cumprirá confirmar que a información fornecida pola gardaría é correcta de xeito que haberá que acceder á pantalla de información adicional onde se poderá verificar o importe dos gastos satisfeitos polo fillo e os meses en que asistiu en 2022. No noso exemplo serían uns gastos anuais de 3.300 € por todos os meses do ano a excepción de agosto como se pode visualizar na seguinte pantalla.
O importe da dedución será o que corresponda aos meses en que se estivo durante 2022 nalgunha das situacións que xeran dereito, neste caso de xaneiro a maio incluído. Polo tanto, o importe do incremento por gastos de gardaría que calcula Renda WEB ascenderá a un total de 83,33 €/mes x 5 meses: 416,67 €.
Aceptada a información anterior e tras acceder á declaración, poderase visualizar o importe correspondente á dedución por maternidade no recadro 0611 e o do incremento por gastos de gardaría no recadro 0613: