Exemplo. Nai con dous fillos
Unha contribuínte ten dous fillos xemelgos que naceron o 01/08/2019. Estaba traballando desde antes do nacemento deses fillos e permaneceu en activo ata o día 27/03/2020 que pasou a estar na situación de ERTE con suspensión total, situación en que permaneceu ata o día 04/01/2021, día en que volveu traballar.
A contribuínte aplicou nas declaracións de Renda 2020 e 2021 o importe máximo que lle correspondía da dedución por maternidade conforme á normativa en vigor nese momento.
Analizar o efecto da ampliación da dedución por maternidade ás novas circunstancias para o ano 2020 sabendo que o importe das cotizacións e cotas totais (do traballador e a empresa) anuais á Seguridade Social ascendeu a 1.360 €.
Solución:
-
SITUACIÓN EXISTENTE ATA 31/12/2022 (normativa orixinal):
Os fillos foron menores de 3 anos durante todo o ano 2020. A nai traballou os meses de xaneiro, febreiro e marzo. É suficiente con que traballase un día no mes para que ese mes poida aplicar a dedución por maternidade.
Os cálculos teñen que realizarse de forma separada para cada un dos fillos.
Na declaración de Renda 2020 consignou a dedución por maternidade por un importe de 600 € (300 €/fillo):
-
Polo primeiro fillo:
-
Dedución máxima posible orixinariamente: 3 meses x 100 €/mes = 300 €.
-
Límite cotizacións anuais: 1.360 €.
-
Dedución por maternidade en Renda 2020 polo primeiro fillo = 300 €.
-
-
Polo segundo fillo:
-
Dedución máxima posible orixinariamente: 3 meses x 100 €/mes = 300 €.
-
Límite cotizacións anuais: 1.360 €.
-
Dedución por maternidade en Renda 2020 polo segundo fillo = 300 €.
-
Importe total dedución maternidade en Renda 2020: 600 €.
-
-
AMPLIACIÓN EN RENDA 2022 DA DEDUCIÓN POR MATERNIDADE ANO 2020.
Coa ampliación da dedución por maternidade ás novas circunstancias que inclúe o suposto das traballadoras por conta allea que pasen a situación legal de desemprego por quedar suspendido o seu contrato de traballo no suposto de ERTE con suspensión total, na declaración de Renda 2022podrá incluír a dedución polo resto dos meses de 2020 polos que agora ten dereito, é dicir, desde abril ata decembro.
Desta forma, como traballou os meses de xaneiro, febreiro e marzo (3 meses) e estivo en ERTE de suspensión total o resto do ano 2020 (9 meses), agora ten dereito polos 12 meses do ano por cada un dos seus fillos.
-
Polo primeiro fillo:
-
Nova dedución máxima posible: 12 meses x 100 €/mes = 1.200 €.
-
Límite cotizacións anuais: 1.360 €.
-
Novo importe da dedución por maternidade = 1.200 €.
-
Importe da dedución aplicada en 2020: 300 €.
-
Ampliación da dedución por maternidade de 2020 a percibir en Renda 2022 polo primeiro fillo: 1.200 – 300 = 900 €.
-
-
Polo segundo fillo:
-
Nova dedución máxima posible: 12 meses x 100 €/mes = 1.200 €.
-
Límite cotizacións anuais: 1.360 €.
-
Novo importe da dedución por maternidade = 1.200 €.
-
Importe da dedución aplicada en 2020: 300 €.
-
Ampliación da dedución por maternidade de 2020 a percibir en Renda 2022 polo segundo fillo: 1.200 – 300 = 900 €.
-
A suma de ambos os dous importes (900 + 900 = 1.800 €) é a que ten que figurar no recadro 1912 da declaración de Renda 2022 “Incremento da dedución (cantidades non aplicadas no exercicio 2020) ”:
E no interior do recadro:
-
Número de fillos: 2.
-
Incremento da dedución (cantidades non aplicadas no exercicio 2020): 1.800 €.
-