Como comunicar un domicilio para os efectos de notificacións
Infórmate de como comunicar un domicilio onde recibir as túas notificacións distintas do teu domicilio fiscal
Podes comunicar un domicilio distinto da túa residencia habitual, para os efectos de notificacións, onde a Administración tributaria poida localizarche e ao que enviar as notificacións.
Debes ter en conta que:
-
Procedementos iniciados a solicitude do interesado : a notificación practícase no lugar sinalado para tal fin polo obrigado tributario ou o seu representante ou, no seu defecto, no domicilio fiscal dun ou outro.
-
Procedementos iniciados de oficio: a notificación pode practicarse no domicilio fiscal do obrigado tributario ou o seu representante, no centro de traballo, no lugar onde se desenvolva a actividade económica ou en calquera outro lugar axeitado para tal fin.