Consulta de NIF revogados e rehabilitados
Saltar índice da informaciónPreguntas máis frecuentes
A Lei 36/2006, do 29 de novembro, de medidas para a prevención da fraude fiscal supuxo un importante avance na regulación da revogación do número de identificación fiscal ao engadir un novo apartado 4 á disposición adicional sexta da Lei 58/2003, Xeneral Tributaria (LGT) para establecer os efectos da revogación do NIF;este mesmo apartado foi modificado pola Lei 34/2015, do 21 de setembro, de modificación parcial da LGT.
A Lei 11/2021, do 9 de xullo, de medidas de prevención e loita contra a fraude fiscal modificou de novo o apartado 4 da disposición adicional sexta da Lei 58/2003, Xeneral Tributaria (LGT), sendo a súa redacción actual a seguinte:
«A publicación da revogación do número de identificación fiscal asignado no "Boletín Oficial do Estado", determinará a perda de validez para efectos identificativos do devandito número no ámbito fiscal.
Así mesmo, a publicación anterior determinará que as entidades de crédito non realicen cargos ou abonos nas contas ou depósitos bancarios en que consten como titulares ou autorizados os titulares dos devanditos números revogados, salvo que se rehabilite o número de identificación fiscal.
Cando a revogación se refira ao número de identificación fiscal dunha entidade, a súa publicación no "Boletín Oficial do Estado" implicará a abstención do notario para autorizar calquera instrumento público relativo a declaracións de vontade, actos xurídicos que impliquen prestación de consentimento, contratos e negocios xurídicos de calquera clase, así como a prohibición de acceso a calquera rexistro público, incluídos, os de carácter administrativo, salvo que se rehabilite o número de identificación fiscal.O rexistro público no que estea inscrita a entidade a que afecte a revogación, en función do tipo de entidade de que se trate, procederá a estender na folla aberta á devandita entidade unha nota marxinal na que se fará constar que, a partir deste momento, non poderá realizarse inscrición ningunha que afecte a aquela, salvo que se rehabilite o número de identificación fiscal.
Excepcionalmente, admitirase a realización dos trámites imprescindibles para a cancelación da nota marxinal á que se refire o parágrafo anterior.
De igual modo, en todas as certificacións rexistrais da entidade titular do número revogado debe constar que este está revogado.
O disposto neste apartado non impedirá á Administración Tributaria esixir o cumprimento das obrigas tributarias pendentes.Non obstante, a admisión das autoliquidacións, declaracións, comunicacións ou escritos nos que conste un número de identificación fiscal revogado quedará condicionada, nos termos regulamentariamente establecidos, á rehabilitación do citado número de identificación fiscal».
O Regulamento Xeral das actuacións e os procedementos de xestión e inspección tributaria e de desenvolvemento das normas comúns dos procedementos de aplicación dos tributos, aprobado polo Real Decreto 1065/2007, do 27 de xullo (en diante, RGAT) dedica o artigo 147 a recoller a regulación da revogación do NIF.
Os efectos da revogación de NIF realizada segundo o establecido no apartado 4 da disposición adicional sexta da Lei 58/2003, Xeneral Tributaria (LGT) e o artigo 147 do RGAT, son:
- Publicación da revogación do NIF no Boletín Oficial do Estado, que determina a súa perda de validez para efectos identificativos no ámbito fiscal ata que se rehabilite o devandito número.
- Imposibilidade de realizar inscricións no rexistro público correspondente, salvo que se rehabilite o número de identificación fiscal.
- Abstención do notario para autorizar calquera instrumento público relativo a declaracións de vontade, actos xurídicos que impliquen prestación de consentimento, contratos e negocios xurídicos de calquera clase, así como a prohibición de acceso a calquera rexistro público, incluídos, os de carácter administrativo salvo que se rehabilite o número de identificación fiscal.
- Nas certificacións rexistrais da entidade titular do número revogado constará que este está revogado.
- Imposibilidade de realizar cargos e abonos en contas ou depósitos abertos en entidades de crédito.
- Imposibilidade de obter o certificado de encontrarse ao corrente das súas obrigas tributarias.
- Baixa no Rexistro de operadores intracomunitarios (ROI) e no de Devolución Mensual (REDEME).
Si.A revogación do NIF dunha sociedade non ten por que ser irreversible.Se desaparecen as circunstancias que motivaron aquela, pódese rehabilitar o NIF.
Para iso, a entidade debe solicitalo por escrito á Administración Tributaria e achegar a documentación que acredite fidedignamente que vai realizar unha actividade económica lícita e real, que ten un obxecto social verdadeiro e onde se desenvolve a xestión e dirección dos negocios, achegando información censual coherente que poida ser constatada.
Si.Na "Consulta de NIF revogados e rehabilitados" pode obter un ficheiro coa relación de NIF que están revogados ou que foron rehabilitados, no momento de realizar a consulta.Nesta relación só se inclúen os NIF revogados despois do 1 de decembro de 2006 e que, polo tanto, foron publicados no Boletín Oficial do Estado.
Ademais, pode utilizar a xestión "Consulta por NIF de entidades xurídicas", dispoñible na ruta "todas as xestións / Censos, NIF e domicilio fiscal / Censos / Modelos 036 e 037.Censo de empresarios, profesionais e retedores - Declaración censal de alta, modificación e baixa e declaración censal simplificada" para consultar se un NIF concreto está ou non revogado, así como, se é o caso, a data de publicación da revogación no BOE.Nesta consulta inclúense todos os NIF revogados, antes ou despois do 1 de decembro de 2006.