Cal é o prazo para presentar a declaración censual
Infórmate cando presentar o modelo 030
Poderás presentar o modelo 030 en calquera momento desde que se produza a causa que motiva a súa presentación.
Non obstante, para comunicar o cambio de domicilio fiscal por persoas que non desenvolvan actividades empresariais ou profesionais e non satisfagan rendementos suxeitos a retención ou ingreso a conta, o prazo é de tres meses desde que se produce o cambio. Porén, se antes finaliza o prazo de presentación da declaración de Renda, a comunicación debe efectuarse no correspondente modelo de declaración de Renda.