Modificacións Censuais
Saltar índice da informaciónDomicilio fiscal
O lugar onde teña a súa residencia habitual.
Non, o domicilio fiscal será aquel onde se encontre a súa residencia habitual. Non obstante, a administración tributaria poderá considerar como domicilio fiscal o lugar onde estea efectivamente centralizada a xestión administrativa e o enderezo das actividades desenvolvidas, se é distinto ao seu domicilio fiscal. Neste caso, deberá comunicar este como domicilio de xestión administrativa.
Si, en todo caso debe comunicarse o cambio de domicilio fiscal. Neste caso, como se trata dun empresario ou profesional, comunicarao presentando o Modelo 036 ou o Modelo 037 e consignará a referencia catastral do inmoble en que se sitúe.
Terá o seu domicilio fiscal en España, para os efectos do cumprimento das súas obrigas tributarias:
-
Cando operen en España a través de establecemento permanente, no lugar en que radique a efectiva xestión administrativa e o enderezo dos seus negocios en España. No suposto en que non poida establecerse o lugar do domicilio fiscal de acordo co criterio anterior, prevalecerá aquel en que radique o maior valor do inmobilizado.
-
Cando obteñan rendas derivadas de bens inmobles, no domicilio fiscal do representante e, no seu defecto, no lugar de situación do inmoble correspondente.
-
Nos restantes casos, no domicilio fiscal do representante ou, no seu defecto, no do responsable solidario.
Porén, a entidade non residente sen establecemento permanente á que non se lle esixa, segundo a normativa de cada tributo, que declare o seu domicilio fiscal ou que actúe mediante representante fiscal en España deberá declarar o seu domicilio no estranxeiro.
O seu domicilio social, sempre que nel estea efectivamente centralizada a xestión administrativa e o enderezo dos seus negocios. Noutro caso, atenderase ao lugar en que se realice a devandita xestión ou enderezo. Nos supostos en que non poida establecerse o lugar do domicilio fiscal, de acordo cos criterios anteriores, prevalecerá aquel onde radique o maior valor do inmobilizado.
A través do Modelo 036 e consignará a referencia catastral do inmoble en que se sitúe.
Comunicarán o seu domicilio fiscal no Estado da súa residencia a través do modelo 036.
Marcando o recadro domicilio social, pódese comunicar un domicilio social no estranxeiro, en caso de entidades constituídas no estranxeiro.
A través do Modelo 036 e consignará a referencia catastral do inmoble en que se sitúe.
Será o lugar en que radique a efectiva xestión administrativa e o enderezo do establecemento permanente, cando non poida establecerse, prevalecerá áquel en que radique o maior valor do inmobilizado.
Informarase do domicilio fiscal a través do modelo 036 e da referencia catastral do inmoble en que se sitúe.
Con carácter xeral, a declaración censual de modificación deberase presentar no prazo dun mes, contado desde o día seguinte a aquel en que se producise.