Que certifica?
Coa expedición deste certificado acredítase que a entidade comunicou á AEAT a opción polo réxime fiscal regulado na Lei 49/2002, do 23 de decembro, de réxime fiscal das entidades sen fins lucrativos e dos incentivos fiscais ao mecenado.
Neste certificado faise constar que comunicou á Administración tributaria a opción pola aplicación do réxime fiscal especial regulado no Titulo II da Lei 49/2002, do 23 de decembro, de réxime fiscal das entidades sen fins lucrativos e dos incentivos fiscais ao mecenado e que non renunciou ao mesmo para o próximo período impositivo.
O devandito certificado acredita a mencionada opción ante quen lle satisfagan ou aboen rendas exentas en virtude da Lei 49/2002, para os efectos de que non se practique retención ou ingreso a conta de acordo co que se establece no artigo 12 da mencionada Lei sempre que se cumpran os requisitos que para estas entidades se recollen no artigo 3 da Lei e non se renunciase ao réxime.