Onde se obtén?
O certificado pode solicitarse e obterse na sede electrónica da Axencia Tributaria, para o que é necesario dispoñer dalgún dos seguintes medios electrónicos de identificación: Certificado electrónico de identificación, DNI electrónico ou Cl@ve Móbil.
Para os que non teñan obriga de relacionarse de forma electrónica, tamén pode solicitarse de forma presencial, en Delegacións e Administracións da Axencia Tributaria. Neste caso o certificado enviarase á Dirección Electrónica Habilitada Única (DEHú) e estará dispoñible na sede electrónica da Axencia Tributaria. Ademais, o certificado enviarase por correo postal atendendo á seguinte prelación:
Ao domicilio sinalado a tal efecto na solicitude (no caso de solicitudes presentadas nunha Administración da AEAT).
Ao domicilio consignado para os efectos de notificacións nos modelos 030, 036 ou 037.
Ao domicilio fiscal.
Recoméndase reservar cita para evitar esperas, poderá realizar a solicitude de Cita por Internet na opción Asistencia e Cita ou a través do teléfono 91 333 5 333.
No caso de que queiras modificar ou anular a cita debes acceder novamente ao servizo de "Asistencia e Cita". Ao identificarte mostraranse as citas xa asignadas coa correspondente opción para modificala ou anulala.