Preguntas frecuentes
Saltar índice da informaciónPreguntas frecuentes
Unha certificación ou certificado tributario é o documento expedido pola Administración tributaria que acredita feitos relativos á situación tributaria dun obrigado tributario.
Os certificados tributarios poderán acreditar, entre outras circunstancias, a presentación de declaracións, autoliquidacións e comunicacións de datos ou extremos concretos contidos nelas , a situación censual, o cumprimento de obrigas tributarias e a existencia ou inexistencia de débedas ou sancións pendentes de pagamento que consten nas bases de datos da Administración tributaria.
Os feitos ou datos que se certifiquen referiranse exclusivamente ao obrigado tributario ao que se refire o certificado tributario, sen que poidan incluír nin referirse a datos relativos a terceiros.
Non se certificarán datos relativos a obrigas tributarias respecto das cales prescribise o dereito da Administración para determinar a débeda tributaria mediante a oportuna liquidación.
Tampouco se expedirá certificado sobre o cumprimento de obrigas tributarias en tanto non vencese o prazo voluntario para o seu cumprimento.
Os certificados tributarios conterán, polo menos, os seguintes datos e circunstancias:
- Nome e apelidos ou razón social ou denominación completa, número de identificación fiscal e domicilio fiscal do obrigado tributario.
- As circunstancias, obrigas ou requisitos que deban ser certificados.
- A inexistencia da información que se solicita nas bases de datos da Administración tributaria ou a improcedencia de subministrar a devandita información, cando esta non se poida certificar.
- Lugar, data e sinatura do órgano competente para a súa expedición e o código seguro de verificación.
En xeral, cando se trate de certificados de estar ao corrente de obrigas tributarias ou de contratistas e subcontratistas, o resultado dos certificados tributarios será algún dos seguintes:
- Positivo de encontrarse ao corrente das obrigas tributarias.
- Denégase o certificado por débedas do solicitante.
- Denégase o certificado por falta de presentación de declaracións do solicitante.
- Denégase o certificado polos dous motivos anteriores.
O contido, autenticidade e validez do certificado tributario poderase comprobar a través do servizo “Notificacións e Cotexo de documentos” situados na páxina de inicio da sede electrónica da Axencia Tributaria, introducindo o CSV no apartado “Cotexo de documentos con CSV”.
Utilizarase o Código Seguro de Verificación (CSV) que figure no certificado.
As copias dos certificados terán a mesma validez e producirán idénticos efectos aos certificados, ao poder comprobarse o contido, autenticidade e validez das copias mediante o Código Seguro de Verificación (CSV).
A solicitude de certificados tributarios a través desta sede electrónica da Axencia Tributaria realizarase na seguinte ruta, utilizando os trámites asociados a cada tipo de certificado:
-
Accede directamente
-
Certificados tributarios
A solicitude de certificados tributarios desde a sede electrónica da Axencia Tributaria require a identificación do solicitante mediante algún sistema de sinatura electrónica avanzada (certificado electrónico ou DNI electrónico) ou ben algún sistema de sinatura electrónica non avanzada como a Cl@ve PIN. Tamén é posible a solicitude e recollida inmediata (en liña) de certificados de IRPF sen necesidade de dispor de certificado electrónico, DNI electrónico ou Cl@ve identificandose co número de referencia previamente facilitado pola Axencia Tributaria.
A solicitude de certificados tributarios utilizando algún dos sistemas de sinatura electrónica citados no parágrafo anterior implica, con carácter xeral, que estes vanse a xerar de forma inmediata.
No caso de que non se poida realizar a entrega inmediata do certificado, este poderase recoller, unha vez tramitado, identificandose con certificado electrónico, DNI electrónico ou Cl@ve PIN a través da opción “Consulta de certificados expedidos" ou ben a través dos “meus expedientes” accedendo á “Área persoal” da sede electrónica da AEAT.
Ademais, para a solicitude de certificados tributarios por Internet a través da sede electrónica da Axencia Tributaria, podes actuar representado por apoderado ou colaborador social.
Podes obter máis información en relación coas formas de acceso para realizar os trámites electrónicos picando na icona “Asistencia dixital” da sede electrónica da AgenciaTributaria .
Algúns certificados pódense solicitar telefonicamente previa solicitude de cita.
Para recibir asistencia telefónica debes dispor da Cl@ve PIN.
Unha vez que o certificado fose emitido recibirás unha SMS ou correo electrónico informandoche do CSV para poder consultaro a través da opción “Consulta de certificados expedidos" ou ben a través dos “meus expedientes” accedendo á “Área persoal” da sede electrónica da AEAT.
Podes solicitar cita accedendo ao apartado de “Asistencia e Cita” situada na páxina de inicio da sede electrónica da Axencia Tributaria.
Presencialmente, acudindo ás nosas oficinas. Recoméndase pedir cita para evitar esperas utilizando o servizo de Asistencia e Cita. Podes solicitar o certificado tributario directamente nunha Administración ou Delegación da Axencia Tributaria.
Deberás presentar o modelo 01- “Solicitude de Certificados", agás para o certificado de contratistas e subcontratistas, en que se utiliza o modelo 01C- "Solicitude de Certificado de Contratistas e Subcontratistas".
Lembra que para a solicitude por Internet do Certificado de IRPF non cómpre dispor de sinatura electrónica avanzada ou de Cl@ve PIN, xa que poderás identificarche a través da referencia.
Podes solicitar cita accedendo ao apartado de “Asistencia e Cita” situada na páxina de inicio da sede electrónica da Axencia Tributaria.
No caso das solicitudes realizadas por Internet con sinatura electrónica avanzada ou Cl@ve PIN, a certificación obterase directamente na Sede Electrónica.
No resto de casos, o certificado enviarase ao Enderezo Electrónico Habilitado Único (DEHú) e estará dispoñible na sede electrónica da Axencia Tributaria.
Ademais, se o solicitante non estivese obrigado a relación electrónica, o certificado enviarase por correo postal atendendo á seguinte prelación: Ao domicilio sinalado para tal fin na solicitude (no caso de solicitudes presentadas nunha Administración da AEAT).
-
Ao domicilio sinalado para tal fin na solicitude (no caso de solicitudes presentadas nunha Administración da AEAT).
-
Ao domicilio consignado para os efectos de notificacións nos modelos 030, 036 ou 037.
-
Ao domicilio fiscal.
Os certificados tributarios teñen carácter informativo e non podes interpor recurso algún contra eles. Pero podes manifestar a túa desconformidade con calquera dos datos que formen parte do seu contido no prazo de dez días, mediante escrito en que se solicite a modificación da certificación, dirixido ao órgano que a expedise. Deberás anexar os elementos de proba que estimes conveniente para acreditar a túa solicitude.
Non sendo que a normativa específica do certificado tributario estableza outra cousa distinta, os certificados tributarios terán validez durante 12 meses a partir da data da súa expedición mentres non se produzan modificacións das circunstancias determinantes do seu contido, cando se refira a obrigas periódicas, ou durante tres meses, cando se refira a obrigas non periódicas.