Datos e documentos que debes levar para confeccionar a túa declaración de Renda en oficina
Se concertaches CITA para confeccionar EN OFICINA a túa declaración de Renda:
Anula a túa cita se non podes acudir (24 horas antes)
LEMBRA levar os DATOS E DOCUMENTOS para poder realizar a CITA:
-
Para atenderche persoalmente nas nosas oficinas, cómpre concertar cita previa e manter as medidas de seguridade sanitarias.
-
Debes levar a documentación sobre a túa situación persoal e en todo caso:
-
DNI orixinal do titular que acode á cita e fotocopia do DNI de todos os que figuren na declaración.
-
Número IBAN de conta bancaria.
-
As referencias catastrais de todos os inmobles da túa propiedade ou en que vivas de alugamento ou noutras circunstancias (recibo do IBI).
-
Autorización asinada por outros declarantes e a súa fotocopia do DNI (membros da unidade familiar ou terceiros) para realizar e se é o caso presentar a declaración no seu nome.
-
-
Calquera xustificante que puidese dar dereito a deducións autonómicas ou outras beneficio fiscal. Así:
-
Se vives nun inmoble alugado necesitas o NIF do arrendador e as cantidades pagas polo alugamento.
-
Por adquisición de vivenda habitual con ampliación do préstamo: os saldos pendentes de amortizar do préstamo orixinal.
-
Con hipoteca: os recibos dos seguros.
-
Por donativos: os xustificantes, etc.
-
Ademais, debes preparar os documentos seguintes se percibiches o tipo de renda ou rendas durante o ano 2021 e non aparecen imputados nos datos fiscais:
-
Por rendementos do traballo :
-
Certificado emitido polo pagador.
-
Importe das cotas satisfeitas a sindicatos e das cotas satisfeitas a colexios profesionais (se a colexiación é obrigatoria).
-
No suposto de que a colexiación sexa obrigatoria, o importe das cotas satisfeitas a colexios profesionais.
-
Os gastos de defensa xurídica por litixios suscitados na relación do contribuínte coa persoa de que percibe os rendementos.
-
-
Por rendementos do capital inmobiliario :
-
Xustificantes de ingresos (contratos …) e gastos deducibles (facturas …) polos alugamentos de pisos, locais, prazas de garaxe …de que sexas propietario ou usufrutuario.
-
Para axudarche a relacionar todos os datos cobre o seguinte documento:
-
-
Por rendementos do capital mobiliario :
-
Certificados de empresas, entidades financeiras e de seguros, contratos, recibos de gastos nas transmisións de letras do tesouro, obrigas ou doutros activos financeiros, etc.
-
Se percibiches un seguro contratado antes de 31/12/1994, o importe do capital recibido.
-
-
Ganancias e perdas patrimoniais por venda de vivenda habitual :
-
Escrituras de compra e de venda.
-
Datas de adquisición e transmisión.
-
Importes reais, gastos e tributos de compra e venda.
-
As declaracións dos exercicios nos que se practicaron deducións pola vivenda transmitida.
-
Datos de préstamos hipotecarios e o capital pendente de amortizar no día de venda.
-
-
Ganancias e perdas patrimoniais por vendas de accións, inmobles ou outros bens, fondos de investimento, premios, subvencións etc.:
-
Escrituras e / ou documentación acreditativa.
-
Datas de adquisición e transmisión.
-
Importes reais, gastos e tributos de compra e venda.
-
Certificados de fondos de investimento.
-
Xustificante de premios.
-
Xustificante de subvencións.
-
-
Regularización por devolución de intereses percibidos de cláusulas solo:
-
Certificado da entidade financeira indicando os exercicios aos que corresponde o interese excesivo cobrado por cláusulas solo nulas.
-
Declaracións de exercicios non prescritos en que se practicou dedución por vivenda habitual, ou incluíronse dentro dos gastos deducibles de rendementos de actividades económicas ou capital inmobiliaria.
-