Centros, residencias e axuda a domicilio
Tributan ao 4% os seguintes servizos prestados a persoas en situación de dependencia:
-
Servizo de Teleasistencia.
-
Servizo de Axuda a domicilio: atención das necesidades do fogar e coidados persoais.
-
Servizo de Centro de Día e de Noite (Centro de Día para maiores, Centro de Día para menores de 65 anos, Centro de Día de atención especializada, Centro de Noite).
- Servizo de Atención Residencial (Residencia de persoas maiores en situación de dependencia e Centro de atención a persoas en situación de dependencia, en razón dos distintos tipos de discapacidade).
Para a aplicación do tipo do 4 %nestes servizos requírese que se presten en prazas concertadas en centros ou residencias ou mediante prezos derivados dun concurso administrativo adxudicado ás empresas prestadoras, ou como consecuencia dunha prestación económica vinculada a tales servizos que cubra máis do 10 por cento do seu prezo.
Por outra banda, están exentos do IVE os servizos de asistencia a persoas con discapacidade prestada por entidades de carácter social, é dicir, aquelas que carecen de finalidade lucrativa e cuxos cargos de presidente, patrón ou representante legal sexan gratuítos. A exención comprende a prestación dos servizos de alimentación, aloxamento ou transporte accesorio prestados con medios propios ou alleos.