Dedución por cónxuxe con discapacidade a cargo
Quen ten dereito á dedución, que contía correspóndeche e como facera efectiva
A quen corresponde esta dedución
Podes aplicar esta dedución sempre que:
-
o teu cónxuxe teña recoñecida unha discapacidade do 33 %ou superior
-
non esteas separado legalmente do teu cónxuxe
-
o teu cónxuxe non teña rendas anuais, excluídas as exentas, superiores a 8.000 €
-
o teu cónxuxe non xere o dereito ás deducións por descendentes e ascendentes con discapacidade
-
e, ademais de todo o anterior, ti cumpras un ou varios dos seguintes requisitos:
-
Realices unha actividade por conta propia ou allea pola que esteas dado de alta na Seguridade Social ou Mutualidade.
-
Percibas prestacións contributivas e asistenciais do sistema de protección do desemprego.
-
Percibas pensións abonadas polo Réxime Xeral e os especiais da Seguridade Social ou polo Réxime de Clases Pasivas.
-
Sexas un profesional non integrado no RETA e percibas das mutualidades de previsión alternativa prestacións análogas ás anteriores.
-