Dedución por ascendente con dous fillos separados ou sen vínculo matrimonial
Quen ten dereito á dedución, que contía correspóndeche e como facera efectiva
En que consiste este beneficio
É unha dedución da cota diferencial que podes aplicar a partir da declaración de 2015.
Aplícase tanto se a cota diferencial é positiva (a túa renda é a pagar) coma se é negativa (a túa renda é a devolver) coma se é cero.
Podes facera efectiva:
-
Presentando a declaración de IRPF.
Se a túa cota é positiva resta desta o importe da dedución e ingresa ou solicita a devolución da diferenza.
Se a túa cota diferencial é cero ou negativa solicita a devolución que resulta da túa declaración.
-
Ou ben solicitando, cando cumpras os requisitos, o aboamento anticipado. Neste caso, non poderás minorar o importe da dedución da cota diferencial que resulte da túa declaración de IRPF, pero non che esquezas de declararo.