Dedución por maternidade
A partir do 1 de xaneiro de 2023 quen ten dereito á dedución, ao incremento por gastos en gardaría ou centros de educación infantil autorizados, que contía correspóndeche e como facera efectiva
A quen corresponde esta dedución
Ás mulleres con fillos menores de tres anos polos que teñan dereito ao mínimo por descendentes que:
-
no momento do nacemento perciban algunha prestación contributiva ou asistencial do sistema de protección de desemprego.
-
no momento do nacemento estean dadas de alta no réxime correspondente da Seguridade Social ou mutualidade.
-
en calquera momento posterior ao nacemento estean dadas de alta no réxime correspondente da Seguridade Social ou mutualidade cun período mínimo de 30 días cotizados.
Agás que, durante os devanditos meses, algún dos proxenitores perciba, en relación a este menor, o complemento de axuda para a infancia prevista na Lei que establece o ingreso mínimo vital non sendo que, tivésese dereito ao mesmo antes do 1 de xaneiro de 2023.
Tamén poderán aplicar esta dedución cando cumpran os requisitos anteriores:
-
Ambos os dous proxenitores se son do mesmo sexo (dous homes adoptantes, dúas mulleres, unha nai biolóxica e outra adoptante ou dúas nais adoptantes).
-
O pai ou titor no caso de falecemento da nai.
-
O pai ou titor cando a garda e custodia se lle atribúa de forma exclusiva.
Os fillos que dan dereito á aplicación da dedución son:
-
Os fillos por natureza, desde o mes do nacemento ata o mes anterior a aquel en que cumpran os tres anos de idade, ambos os dous incluídos.
-
Os fillos adoptados e os menores en acollemento, permanente ou preadoptivo, ou de delegación de garda para a convivencia pre adoptiva.
A dedución practicarase, con independencia da idade do menor, durante os tres anos seguintes á data da inscrición no Rexistro Civil.
Cando a inscrición non sexa necesaria, a dedución practicarase durante os tres anos posteriores á data da resolución xudicial ou administrativa que a declare.
-
Os menores en réxime de tutela.
O titor terá dereito ao importe da dedución que corresponda ao tempo que reste ata que o tutelado alcance os tres anos de idade.