3.1.3. Consultas vinculadas a esta vía de cesión
-
Consulta de peticións Novas xanela
Para realizar esta consulta cómpre dispor de certificado electrónico.
Esta consulta permite coñecer o histórico de peticións realizadas por tipo de subministración e data de proceso.
Pulsando sobre un determinado envío óbténse máis información relativa aos ficheiros asociados a esapetición.
-
Comprobación de datos fornecidos Nova xanela
Esta consulta permite comprobar, un a un, os datos facilitados pola Axencia Tributaria respecto de calquera dos interesados incluídos nun ficheiro de resposta.
Para realizar esta consulta, que non require certificado electrónico, abondará con introducir o NIF do interesado e a referencia asociada a ese NIF, composta polas últimas 11 posicións do rexistro que corresponde a ese NIF.
Pulsando “Enviar”, mostrarase unha pantalla onde a información estrutúrase en tres bloques: “Envío”, “Pregunta” e “Resposta”. Pulsando a pestana “Resposta”, se o interesado é titular de depósitos bancarios no ámbito territorial de Comunidade Autónoma, deberá pulsarse a pestana “C.C.C.” e visualizarase unha pantalla con información detallada de cada depósito do interesado. De forma idéntica deberá procederse cando se queira consultar se o interesado é titular de participacións en fondos deinversión.
-
Consulta de organismo: persoas e subministracións autorizadas Nova xanela
Mostra datos históricos das persoas e subministracións autorizadas da Administración Pública consultante desde que o organismo se encontre en situación de alta.
A Administración pública consultante poderá ver nun primeiro nivel unha lista de todos os organismos que comparten o mesmo NIF de entrada. Para cada un deles indícase o ámbito (autonómico neste caso), o número de persoas autorizadas (de alta ou de baixa), o número de subministracións autorizados, e se é adscrito (é dicir, se é un departamento sen NIF propio) ou non.
Picando sobre os números incluídos na lista, accédese ao nivel sucesivo, para obter o detalle das subministracións que ten autorizado o organismo ou a listaxe dos empregados públicos que figuran de alta ou de baixa.
No listaxe de empregados públicos, para cada un deles especifícase a data de alta e, se é o caso, de baixa, así como o número de subministracións aos que está autorizado. Como no caso dos organismos, se se pica sobre esta cifra, accederase á listaxe individual de suministrosautorizados.
Para o uso desta consulta requírese Certificado de Representante de Persoa Xurídica (PJ) ou Certificado de Representante de Entidade sen Personalidade Xurídica (ESPJ).