Colaboración social delegada
Permite que as persoas empregadas (delegados ou delegadas) das persoas que exercen a colaboración social poidan realizar a través de Internet, cos seus certificados electrónicos, xestións dos suxeitos obrigados tributarios
Introdución
A Colaboración Social require que as persoas físicas ou xurídicas autorizadas como persoas Colaboradoras Sociais da Axencia Tributaria utilicen un certificado electrónico cualificado de persoa física ou de representante de persoa xurídica para actuar en representación de terceiros nos trámites incluídos no acordo de colaboración social subscrito.
Para os casos en que a persoa que exerza a colaboración social queira que un empregado ou empregada seu realice trámites que o acordo de colaboración social autoriza a realizar en nome de terceiros pode utilizar a figura da Colaboración Social delegada, que permite que as persoas que exercen a colaboración social (entidades privadas e profesionais da xestión tributaria) poidan xestionar persoas empregadas (delegados ou delegadas) a través da sede electrónica da Axencia Tributaria, para que estes poidan realizar a través de Internet cos seus certificados de usuario trámites dos suxeitos obrigados tributarios.
Polo tanto, a Colaboración Social delegada permite á persoa que exerce a colaboración social delegar a capacidade de actuación a empregados e empregadas sobre contribuíntes e que estes poidan utilizar os seus propios certificados electrónicos cualificados, e así non terá que facilitar un certificado de representante de persoa xurídica ou de persoa física, que ten unha capacidade de actuación total ante as Administracións públicas.
O modelo aplícase de forma xeneralizada para todas as aplicacións da Axencia Tributaria que permiten colaboración social. Desta forma, as persoas empregadas dadas de alta como delegadas poderán realizar trámites dos suxeitos obrigados tributarios, utilizando certificados electrónicos de persoa física ou de empregada de empresa, de xeito que xa non será obrigatorio que as persoas colaboradoras sociais entidades privadas faciliten certificados electrónicos de representante de persoa xurídica (ou de persoa física se se trata de profesionais da xestión tributaria) para o ámbito da colaboración social.
Todas as declaracións que xestione unha persoa colaboradora social entenderanse presentadas por ela, ao ser quen ten a capacidade de actuación en nome dos suxeitos obrigados tributarios e deberá ostentar a correspondente representación neste sentido.
Unha persoa empregada poderá estar autorizada como delegada por unha soa persoa colaboradora social en cada momento.
Nos seguintes apartados desenvólvese con máis detalle as características do modelo e a xestión de persoas empregadas como delegadas.