Denuncia tributaria
Podes comunicarnos feitos ou situacións que poidan ser constitutivos de infraccións tributarias ou ter transcendencia para a aplicación dos tributos.
Información ao denunciante
O inicio de actuacións inspectoras non se produce como consecuencia da presentación da denuncia senón, se é o caso, pola decisión dos órganos da Inspección que pode basearse no contido ou probas da denuncia.
A Administración tributaria non poderá proporcionar á persoa denunciante ningunha información respecto da posible investigación dos datos consignados na denuncia, debido a que a lei obriga a gardar o máis estrito sixilo respecto dos datos, informes e antecedentes obtidos no desempeño das súas funcións, agás en determinados casos entre os que non se encontra a comunicación de datos aos denunciantes.
Non se considerará á persoa denunciante interesada na actuación administrativa que puidese iniciarse a raíz da denuncia, nin lexitimada para interpor recursos ou reclamacións en relación cos resultados das mesmas.
A persoa que denuncie non ten dereito ao aboamento dunha participación nas posibles sancións tributarias que se puidesen impor aos denunciados.